martes, 20 de maio de 2014

TRABALLIÑOS NA PRIMAVEIRA...

Un día de colleita na XerHorta:


Miguel desgranando as ervillas...

Víctor e Sabine preparando a terra para plantar as tomateiras: 


luns, 19 de maio de 2014

A PRIMAVEIRA TROMPETERA XA CHEGOU!!!


TODO MEDRA...:


Estas mozas traballan un montón, agora lles da pola Bioconstrucción; con recursos naturais están a facer un novo bancal: 


Despois de tanta obra, agora toca plantar un pouco, ahí vamos cunhas cebolas do país: 


A PRIMAVEIRA XA ESTÁ AQUÍ ...


Antes da chegada da primaveira, fixemos uns cantos sementeiros así como algunha sembra directa, como foron os allos:





Novo ESPANTALLO, este chámase TIRABEQUE:





martes, 25 de marzo de 2014

A XERHORTA CONXELADA!!!

INVERNO 2014:

No inverno tivemos días de moito frío. A Xerhorta estivo practicamente conxelada, sobre todo a primeira hora da mañá, e segundo ía saíndo o sol, todo cambiaba de aspecto:








AS FOLLAS E O MONTE:

INVERNO 2014

En novembro fumos a recoller moitas follas ó monte. Enchemos sacos ata arriba.... Agora usaremos estas follas para o compost e para facer acolchados naturais


(Víctor e Senén)

 Con este montón de follas faremos acolchados perfectos, para cubrir sobre cada bancal, desta maneira manteremos mellores condicións de temperatura e humidade, á vez que incorporaremos materia orgánica no terreo. E non vexades o útil que son os acolchados para evitar a herbas non desexadas!


martes, 5 de novembro de 2013

TALLER DE MARMELADA DE PEMENTOS MORRÓNS (Outono 13):

TALLER DE MARMELADA DE PEMENTOS MORRÓNS:


 Gracias á cantidade de Pementos Morróns que tivemos este ano na Xerhorta, sendo grandes, carnosos e sabrosos, elaboramos unhas marmeladas boísimas e dunha calidade excelente.

       





TALLER DE SALSA DE TOMATE (Outono 13):

TALLER DE SALSA DE TOMATE:



A CHEGADA DO OUTONO 2013:

A CHEGADA DO OUTONO 2013:

O noso "ESPANTALLO ESPONXA" xa precisaba un cambio. Agora xa ten de novo as cores vivas coma o principio e volve a recuperar a alegría:
      

Manolo e Pablo están traballando moito na recolecta de pipas de xirasol:

                  
Unha vez recollidas e ben secas, teremos que pasalas pola sartén con un pouquiño de aceite de oliva e sal, e listas para comer!!! ñam, ñam!!