domingo, 3 de maio de 2015

ACTIVIDADE EDUCATIVA CO CRAE DO ROSAL (abril 15):

 CRAE O Rosal, XerHorta e Viveiro, na Quinta das Mercedes: 
Fabio ensina @s seus alumn@s a técnica do rego, que debemos de facelo con moito coidado para non mollar as follas do plantel, evitando o ataque dos fungos.  


Víctor explica ó seu alumno como debe facer para transplantar as leitugas.

Marina explica ás súas alumnas a importancia de sacalas herbas adventicias da XerHorta, así como o valor que ten saber distinguilas dos nosos cultivos. 

FOTO despedida, xunto c@s compañeir@s de VIVEIRO.

XORNADAS DE TRABALLO na XerHorta (marz. e abr. 2015):

 TRABALLANDO NA XERHORTA...: 
Carmelo cun sementeiro de remolachas


Portela quere desbrozar, xa está todo equipado. Aquí facendo unhas práticas. 



Colleita de pedidos 
(Isa C e Carmelo)




 ... E LIGANDO...:
TIRABEQUE, meu mozo...
TIRABEQUE ligouse a Rosa !!!






Fai uns días levamos un susto moi grande, a nosa compañeira Sabine cortouse un dedo ca trituradora de follas. Afortunadamente poderá recuperalo. Agora toca curar.
Votámoste de menos Sabine!!!