mércores, 14 de decembro de 2011

FOTOS 2010: Inicio do "Proxecto XerHorta":

O INICIO, Novembro 2010:



Así era a finca ó principio. Tivemos que facer un gran traballo para a construción dos bancais. A penas tiñamos terra e a presenza de cantos por toda a finca dificultaba as tarefas. 

Marcamos o terreo, cabamos uns centímetros e comezamos a facer caixóns pechados con táboas. 




martes, 13 de decembro de 2011

" XERHORTA" HORTA ECOLÓXICA

"XerHorta" Horta Ecolóxica ubicada na quinta das Mercedes na Gándara. Centro S.Xerome Emiliani.

Educación medioambiental. Ecoloxía. Estimulación basal. Pscicomotricidade. Atención. Memoria. Cooperación e traballo en equipo. Diversión no entorno natural. 

Tarefas hortícolas: compostaxe, acolchados naturais, protección de sementes autóctonas, sementeiros, plantel, preparados vexetais, calendario biodinámico, rotacións e asociacións de cultivos, recolecta e venta de EcoCestas. 

Publicación das actividades realizadas.