luns, 19 de maio de 2014

A PRIMAVEIRA XA ESTÁ AQUÍ ...


Antes da chegada da primaveira, fixemos uns cantos sementeiros así como algunha sembra directa, como foron os allos:





Novo ESPANTALLO, este chámase TIRABEQUE:





martes, 25 de marzo de 2014

A XERHORTA CONXELADA!!!

INVERNO 2014:

No inverno tivemos días de moito frío. A Xerhorta estivo practicamente conxelada, sobre todo a primeira hora da mañá, e segundo ía saíndo o sol, todo cambiaba de aspecto:








AS FOLLAS E O MONTE:

INVERNO 2014

En novembro fumos a recoller moitas follas ó monte. Enchemos sacos ata arriba.... Agora usaremos estas follas para o compost e para facer acolchados naturais


(Víctor e Senén)

 Con este montón de follas faremos acolchados perfectos, para cubrir sobre cada bancal, desta maneira manteremos mellores condicións de temperatura e humidade, á vez que incorporaremos materia orgánica no terreo. E non vexades o útil que son os acolchados para evitar a herbas non desexadas!


martes, 5 de novembro de 2013

TALLER DE MARMELADA DE PEMENTOS MORRÓNS (Outono 13):

TALLER DE MARMELADA DE PEMENTOS MORRÓNS:


 Gracias á cantidade de Pementos Morróns que tivemos este ano na Xerhorta, sendo grandes, carnosos e sabrosos, elaboramos unhas marmeladas boísimas e dunha calidade excelente.

       





TALLER DE SALSA DE TOMATE (Outono 13):

TALLER DE SALSA DE TOMATE:



A CHEGADA DO OUTONO 2013:

A CHEGADA DO OUTONO 2013:

O noso "ESPANTALLO ESPONXA" xa precisaba un cambio. Agora xa ten de novo as cores vivas coma o principio e volve a recuperar a alegría:
      

Manolo e Pablo están traballando moito na recolecta de pipas de xirasol:

                  
Unha vez recollidas e ben secas, teremos que pasalas pola sartén con un pouquiño de aceite de oliva e sal, e listas para comer!!! ñam, ñam!!

CONTINUACIÓN DAS ACTIVIDADES NA XERHORTA DURANTE O VERÁN:

CONTINUACIÓN DAS ACTIVIDADES NA XERHORTA DURANTE O VERÁN:

O cuidado da terra é moi importante. Hai que quitar as adventicias e rastrear a terra:

As leitugas seguen medrando!!!!

Sali plantando cabaciños:

Marina recollendo flores de caléndula:

Aquí Oscar.B. sementando porros:

Manolo e Raquel seguen preparando o cactus xigante:

domingo, 3 de novembro de 2013

O VERÁN NA XERHORTA (2013)


O VERÁN NA XERHORTA (2013):

Que rápido se nos pasou o verán, para entón polo mes de marzo a nosa horta presentaba este aspecto tan magnífico. Os nosos cultivos comezaban a dar os primeiros froitos. Aquí podedes visualizar algúns exemplos:






          

        OS CULTIVOS E OS PRIMEIROS FROITOS:

 Os porros puxéronse gordechos        As fresas amosáronse vermellas 

       

     As berenxenas                                Os cogombros
          

   As xudías                                       As cenouras
     

                          As fabas                                         As acelgas                           
           

  As cebolas                                     As leitugas
       

Os pementos de Padrón
As verzas
E moitos mais que seguiron crecendo, ofrecéndonos productos moi sabrosos e saudables!!!