martes, 6 de outubro de 2015

VARIAS TAREFAS NA XERHORTA NO MES DE XULLO 15:

Samu desbrozando para que quede a XerHorta ben limpiña.
Rosa desgranando sementes de rabanitos.
 Tamén preparou os
 pedidos de EcoCestas. 
Transplante de Kalanchoes (Julián)




Desfollado de espinacas de Nova Zelanda
Marina traballa sempre con moito ánimo e cun sorriso no rostro!!!

Aquí o grupo seguimos preparando pedidos de Espinacas.

A ARTE DE PEPE BARGIELA E CARMELO NA XERHORTA:

PINTADO DO CARTAZ DA XERHORTA:

Pepe e Carmelo estan decorando estes días o cartaz da XerHorta, pintándoo de diferentes  cores, que  lle dan toque  moi alegre.

ESTE FOI O RESULTADO, QUE CHULADA!!!


XORNADAS DE TRABALLO na XerHorta (xuño 2015):

XORNADAS DE INCLUSIÓN NA FINCA DAS MERCEDES (CRAE):
Rosa ensina cómo se fai unha colleita de produto da horta. Neste caso están a recoller fabas. 
SAÍDA Ó MONTE PARA A RECOLLIDA DE CANAS DE BAMBÚ:


luns, 5 de outubro de 2015

XORNADAS DE TRABALLO na XerHorta (MAIO 15):

TRABALLANDO NO BLOG DA XERHORTA:

Os días de choiva como hoxe, aproveitamos para actualizar o noso Blog da XerHorta, onde podedes ver todas as tarefas que facemos:




CONSTRUCCIÓN DUN LOMBRICARIO: 

Conseguimos unhas poucas de miñocas de California, polo que aproveitamos a criar mais nunha furna de crital chea de materia orgánica: 





domingo, 3 de maio de 2015

ACTIVIDADE EDUCATIVA CO CRAE DO ROSAL (abril 15):

 CRAE O Rosal, XerHorta e Viveiro, na Quinta das Mercedes: 
Fabio ensina @s seus alumn@s a técnica do rego, que debemos de facelo con moito coidado para non mollar as follas do plantel, evitando o ataque dos fungos.  


Víctor explica ó seu alumno como debe facer para transplantar as leitugas.

Marina explica ás súas alumnas a importancia de sacalas herbas adventicias da XerHorta, así como o valor que ten saber distinguilas dos nosos cultivos. 

FOTO despedida, xunto c@s compañeir@s de VIVEIRO.

XORNADAS DE TRABALLO na XerHorta (marz. e abr. 2015):

 TRABALLANDO NA XERHORTA...: 
Carmelo cun sementeiro de remolachas


Portela quere desbrozar, xa está todo equipado. Aquí facendo unhas práticas. 



Colleita de pedidos 
(Isa C e Carmelo)




 ... E LIGANDO...:
TIRABEQUE, meu mozo...
TIRABEQUE ligouse a Rosa !!!






Fai uns días levamos un susto moi grande, a nosa compañeira Sabine cortouse un dedo ca trituradora de follas. Afortunadamente poderá recuperalo. Agora toca curar.
Votámoste de menos Sabine!!! 

venres, 24 de abril de 2015

SEMENTEIROS E PREPARADOS (febr. 2015):

1. NOVOS SEMENTEIROS EN FEBREIRO:

- En bandexas no invernadeiro:

Tomates (Maiste S. e Isa C.)
Pementos (Marina e Sabine)

Transplante de porros (Fabio)
Seguemento do Calendario Biodinámico (Portela)



 - Sembras directas nos bancais da XerHorta:

Rabanitos e Cenouras (Víctor e Senén)


2. ELEBORACIÓN DE PREPARADOS VEXETAIS:

Filtrado do preparado de estrugas, entre Pablo, Senén e Víctor.



TALLER "LÁMINAS DE RECICLAXE":

TALLER LÁMINAS DE RECICLAXE (febreiro 2015): 



Neste taller de diferentes días, estivemos facendo unhas láminas identificativas dos diferentes residuos para separalos nos colectores de: PAPEL/CARTÓN, VIDRO, PLÁSTICOS/LATAS, ORGÁNICO E PILAS, que distribuiremos por todo o centro. 


 

venres, 30 de xaneiro de 2015

ANO NOVO, TAREFAS NOVAS (xan. 2015):

"ANO NOVO, TAREFAS NOVAS":


Neste novo ano 2015, comezamos con moitas actividades novas e variadas:

Sementeiros de cebolas do pais e porros.

 Aquí estamos a traballar no novo bancal construído con tellas: