martes, 25 de marzo de 2014

A XERHORTA CONXELADA!!!

INVERNO 2014:

No inverno tivemos días de moito frío. A Xerhorta estivo practicamente conxelada, sobre todo a primeira hora da mañá, e segundo ía saíndo o sol, todo cambiaba de aspecto:








AS FOLLAS E O MONTE:

INVERNO 2014

En novembro fumos a recoller moitas follas ó monte. Enchemos sacos ata arriba.... Agora usaremos estas follas para o compost e para facer acolchados naturais


(Víctor e Senén)

 Con este montón de follas faremos acolchados perfectos, para cubrir sobre cada bancal, desta maneira manteremos mellores condicións de temperatura e humidade, á vez que incorporaremos materia orgánica no terreo. E non vexades o útil que son os acolchados para evitar a herbas non desexadas!