martes, 10 de abril de 2012

O SOLO:


1. O SOLO

O solo é o capa superficial da codia terrestre, que se orixina a partir da actividade física e biolóxica sobre a rocha onde descansa.

A parte cultivable dun solo correspóndese aos 20-30 primeiros centrímetros, que é a profundidade que poden acadar a maioría das raíces das plantas, aínda que hai plantas que poden acadar unha maior profundidade.

En agricultura ecolóxica o solo é un elemento fundamental o que hai que ter en conta. Funciona como aparato dixestivo das plantas, capaz de transformar a materia orgánica en minerais asimilables polas plantas.

O solo debe ser considerado como un ecosistema en si, xa que alberga gran cantidade de seres vivos e se establecen numerosas interaccións entre estos. Algúns destes seres vivos son as plantas das que nos nos alimentamos.

O solo créase, madura, pero tamén pode ser destruído a través dos diferentes procesos erosisvos.

2. FORMACIÓN DO SOLO

A formación dun solo é un proceso extremadamente lento, que pode levar miles de anos. Por norma xeral dícese que cada ano se forma 1 mm de solo.

O solo orixínase como resultado da transformación na capa superficial dunha rocha, rocha nai. Esta degración lévana a cabo os axentes físicos, coma a auga e o vento, e a acción dos seres vivos.

A primeira degradación que sufre a rocha é a fragmentación debida a contrastes térmicos, orixinando partículas máis pequenas, que son colonizadas por seres vivos, coma bacterias e liques. Estos obteñen minerais a partir da rocha, e o morre van proporcionando materia orgánica no solo que se van acumulando e transformando ata crear o humus, que é a base da fertilidade.
Paralelamente, os minerais das rochas van sufrir transformacións químicas dando lugar ás arxilas e óxidos de ferro e aluminio que rematan descompoñéndose nos minerais simples que as forman. Para levar a cabo este proceso é necesario a presenza de auga e oxíxeno.

3. COMPOÑENTES DO SOLO

En termos xerais os solos están compostos por:
25 % de aire. Importante para que as prantas teñan osíxeno nas raíces.
25 % de auga.
45 % de minerais procedentes da degradación da rocha nai.
 5 % de materia orgánica en forma de humus, raíces e organismos.

4. O PERFIL DUN SOLO.

Si observamos un corte no terreo, podemos apreciar que este non é uniforme, si non que se atopa dividido en capas parelas con características diferentes. Esta estructura é o que se denomina perfil do solo, e cada unha desas capas denomínase horizonte.

Os horizontes reciben distintos nomes en función da súa composición:
Horizonte A: É onde se atopa a materia orgánica. Nesta capa dos solo están a maioría dos microorganismos, que farán asimilables os nutrintes para as plantas. É a fracción máis madura do solo, a que sufriu maiores transformacións.
Horizonte B: É un horizonte enriquecido en arxilas. Moitas das substancias que aparecen no horizonte A, van parar por lavado a este horizonte.
Horizonte C: É o resultado da degración directa da rocha nai. Neste horizonte podemos distinguir fragmentos de rocha iniciando a súa degradación.
 Horizonte D ou rocha nai. De onde proveñen os solos no seu primeiro termo.



5. CARACTERÍSTICAS DOS SOLOS

Os solos presentan unha serie de características físcas e químicas que determinan, en certa medida, a productividade e fertilidade do solo.

5.1 CARACTERÍSTICAS FÍSICAS

- A cor. Infórmanos sobre todo do contido en materia orgánica. Canto máis escuro é o solo máis contido en materia orgánica contén.

- A textura. Fai referencia a distribución das partículas en función do seu tamaño.
Podemos distinguir tres tipos de partículas: as areas, os limos e as arxilas. Segundo a abundancia de cada unha destas partículas teremos unha textura diferente.




Cada tipo de solo ten unhas determinadas características.
Os solos arxilosos reteñen a auga e os nutrintes con forza, son solos que se encharcan con facilidade e mal aireados. Son de difícil drenaxe e malos de labrar. Coa sequía forman costras e co exceso de auga apelmázanse.
Os solos francos son dos máis axeitados para o cultivo. Teñen unha adecuada retención de nutrintes e de de auga. Teñen boa aireación e traballánse con pouca resistencia.
Os solos areosos teñen tendencia a secarse, reteñen pouca humidade. Teñen boa aireación, pero unha baixa fertilidade, polo que requiren de grandes aportes de materia orgánica.

¿QUÉ TIPO DE SOLO TEÑO NA MIÑA HORTA?
Pódese determinar dunha maneira aproximada a textura dun solo.
Para iso poñemos una cullerada de solo na palma da man e botámoslle unhas gotas de auga. Escurrir e amasar o solo ata que se adhira a man. A medida na que se poida moldear dará una idea aproximada da clase de textura.
(A) Area. O solo permanece solto i en graos simples e pode ser amontonado pero non moldeado.
(B) Franco areoso. Pode ser moldeado en forma esférica e se desgrana fácilmente; con máis sedimentos.
(C) Limoso. Pode ser enrollado en cilindros curtos.
(D) Franco. Partes iguais de area, sedimentos e arxila que poden ser amasadas nunha trenza grosa de 15 cm de longo que se rompe ao dobrarse.
(E) Franco arxiloso. O solo pode ser amasado como en D pero pode ser cuidadosamente doblado en U sen romperse.
(F) Arxila livian. O solo é suave e ao dobrarse nun círculo agriétase un pouco.
(G) Arxila. Se manexa como plastilina e pode ser dobrado nun círculo sen agrietarse.





- A estrutura. Fai referencia a forma na que se agrupan as partículas individuais de area, limo e arxila. Cando as partículas individuais se agrupan, toman o aspecto de partículas maiores que se denominan agregados.
Nos agregados hai un material inerte, areas, e materiais cementantes, a materia orgánica e as arxilas.

Para recoñecer a estructura dun solo tómase un terrón e pártese en dous. Se observamos que a súa composición principal é de numerosos agregados redondeados e de tamaño variable e ademáis está atravesado por raíces, significa que a estrutura é boa. Se se rompe en trozos compactos e angulosos i está pouco penetrado por raíces, ou ben se se desmenuza en partículas como area ou máis finas, significa que ten unha mala estructura, que lle falta humus e que a súa actividade biolóxica é insuficiente.
Para mellorar a estructura dun solo podemos empregar a incorporación de materia orgánica e os laboreos racionais.
Cando os solos son moi compactos, os aportes de materia orgánica van a axudar a que o solo teña unha maior porosidade e permeabilidade, e polo tanto axudan a que o solo teña máis osíxeno.
Cando os solos son moi areosos, a materia orgánica actúa coma cemento, unindo as partículas entre sí formando agregados.
Para manter a estructura dun solo é importante traballar a terra nun estado óptimo de humidade (tempero).
O uso da fresa non é de todo positivo para conservar a estructura dun solo, xa que o fresado, sobre todo con máquinas que revolucionan demasiado, pulveriza os agregados.
O pisado do solo con maquinaria pesada favorece a aparición da suela de labor, unha costra dura no suelo , a determinada profundidade que impide o correcto desenvolvemento das raíces, así como unha boa drenaxe da auga.

- A porosidade. Os poros son os espacios do solo que quedan entre as partículas sólidas. A porosidade dun solo está relacionado e condicionado pola estructura e textura do mesmo.
Os poros do solo van a estar ocupados por auga ou aire.
Existen dous tipos de poros:
Os macroporos, incapaces de reter a auga e responsables da drenaxe e da aireación. Tamén é por onde se desenvolven as raíces das plantas.
Os microporos. Reteñen a auga que vai quedar dispoñible para as plantas.

Cando nun solo predominan as arxilas predominan os microporos, cando predominan as areas, son os macroporos os que cobran maior importancia.

Un solo ideal é aquel que ten unha porosidade do 50 %, e onde aire e auga ocupan a mesma proporción dos poros totais.


5.2 CARACTERÍSTICAS QUÍMICAS

- O pH.  Representa o grado de acidez dun solo. Os valores nos que se move o pH son entre 1 e 14. Cando o pH é de 7 dise que o pH é neutro. Cando é maior de 7 fálase de pH básico ou alcalino, e cando é menor de 7 falamos de pH ácido.

Nos solos galegos, por norma xeral os pH son ácidos. Estes valores débense sobre todo o tipo de materiais que constitúen a rocha nai, e  polas abundantes precipitacións.

Nos solos moi ácidos a vida microbiana é menor. Ao mesmo tempo hai nutrintes das plantas que non poden ser asimilados polas mesmas.

Para solucionar a acidez do solo utilízanse rochas e materiais calizos.
Non convén aumentar o pH de golpe, é mellor ir facendo pouco a pouco cada ano.
Nos solos galegos é recomendable que a enmenda caliza conteña tamén magnesio.
Non se recomenda o uso de cal viva, xa que elimina a vida do solo.
Tamén convén ter coidado cando se usa cuncha de mexilón, polo exceso de boro.

O encalado do solo pode levarse a cabo no outono ou primaveira, aínda que é recomendable a primaveira, porque as chuvias de inverno poden acabar lavando gran parte da cal usada.

A cantidade de cal a utlizar dependerá do tipo de enmenda, así como do tipo de solo. Por norma xeral as enmendas veñen acompañadas dun cadro onde se especifica a cantidade recomendada.

Non convén encalar ao mesmo tempo que se abona, porque se perdería nitrógeno. É recomendable que haxa un espacio de como mínimo 15 días, entre unha acción e outra.

- Capacidade de intercambio de nutrintes. É a capacidade que ten o solo para reter os nutrintes e que estes estén a disposición das plantas cando estas os necesiten. A capacidade de intecambio vai a estar condicionada pola presencia de arxilas e de materia orgánica.
A capacidade de intercambio mellora coa aportación de materia orgánica.
O pH moi ácido reduce a capacidade de intercambio.


7.  BOAS PRÁCTICAS PARA A CONSERVACIÓN DO SOLO.

-         Non deixar os solos desnudos, mantelos cubertos con acolchados orgánicos ou con cultivos.
-         Practicar a rotación de cultivos para evitar que os nutrintes do solo se esquilmen.
-         Asociar cultivos con distinto sistema radicular.
-         Laboreo axeitado, a tempero, para evitar desfacer a estructura do solo e para evitar tamén a formación de costras superficiais que impidan unha boa irrigación (que se mollen ben).
-         Reducir ao máximo o uso de maquinaria pesada para evitar a formación de suela de labor.
-         Evitar o volteo dos horizontes.
-         Evitar o uso de compostos de síntese química. 

ROTACIÓN E ASOCIACIÓN DE CULTIVOS:

1. UNHA RESEÑA HISTÓRICA POLAS ROTACIÓNS DE CULTIVOS.

O coñecemento da necesidade das rotacións remóntase as orixes da agricultura. Para manter a fertilidade era necesario deixar descansar a terra despois da recollida da colleita.
Xa en Exipto se utilizaban os abonos verdes para mellorar o solo entre cultivo e cultivo. Durante a Idade Media aparecen novos cultivos, cobrando as rotacións maior importancia. Era necesario coñecer e combinar as características das plantas para manter a fertilidade do solo sen perder rendementos. As rotacións soian ser bianuais ou trianuais cun período de barbeito.
Co descubrimento de América aumenta a diversidade de especies a cultivar, co que se mellora as posibilidades de rotacións.

As rotacións constituíron a base da agricultura tradicional ata que, coa chegada da agricultura industrial e os seus agroquímicos de rápida asimilación, se fixeron aparentemente innecesarias, xa que os problemas que axudaban a remediar as rotacións agora se solucionaban con prácticas “ modernas” que, como xa coñecemos, teñen consecuencias negativas a curto e longo prazo sobre a alimentación, a agricultura, a saúde e o medio ambiente.


2. QUE SON AS ROTACIÓNS.

A rotación é a sucesión de cultivos nunha mesma parcela.
A necesidade  dunha rotación rigorosa é menos importante nunha horta familiar que en agricultura extensiva. Unha terra rica en humus que ademais recibe unha fertilización orgánica pode soportar que se cultive varias veces seguidas o mesmo cultivo, sen que se resinta o rendemento.
Sen embargo é necesario rotar os cultivos e non deixar o azar as plantas cultivadas nunha mesma parcela.


3. POR QUE ROTAR?.

Rotar é importante polas seguintes razóns:

-         Reduce a aparición de enfermidades e pragas. O cultivo de plantas da mesma familia durante varios anos na mesma parcela, favorece  a presencia continuada dos   insectos que se alimentan desas plantas.
-         Evita a carencia de nutrientes na terra. Non todas as plantas teñen as mesmas necesidades de alimento. Se plantamos o mesmo cultivo no mesmo lugar durante varios anos, algún  destes nutrientes  pódense esgotar, obtendo plantas máis débiles e mais sensibles as enfermidades.
-         Para obter un maior rendemento das colleitas. Un bo uso das rotacións  permite ter un solo equilibrado en nutrientes, deste xeito as plantas atopan o que necesitan para medrar máis vigorosas e sans.
-         Para evitar a concentración de substancias químicas producidas polas propias plantas.  Numerosas plantas segregan substancias tóxicas para outras plantas. Estas substancias tóxicas soen afectarlle, sobre todo, a aquelas plantas próximas dende o punto de vista botánico. Se repetimos durante varios anos un mesmo cultivo acumularemos unha grande cantidade destas substancias e non poderemos plantar determinado tipo de cultivos.
-         Para reducir a aparición de herbas adventicias. Moitas herbas adventicias nacen como resultado da falta de nutrientes no solo. Si cultivamos ano tras ano unha mesma especie de plantas que esquilma un determinado nutriente, sempre aparecerán as mesmas adventicias para tratar de equilibrar as deficiencias. 


4. REGLAS BÁSICAS A TER EN CONTA PARA LEVAR A CABO AS ROTACIÓNS.

1ª. Ter en conta as familias botánicas das plantas. Non se deben repetir especies da mesma familia botánica nunha mesma parcela durante varios anos. Si un ano botamos nunha parcela tomates, que son da familia das solanáceas, o ano seguinte non poderíamos botar nin pementos nin berenxenas nesa mesma parcela.

2ª. Ter en conta o órgano específico que desenvolve a planta. As plantas clasifícanse segundo o órgano que desenvolven para alimentarnos en plantas de raíz, de folla, de flor e de froito. Si nunha parcela plantamos tomates un ano, ó ano seguinte non poderíamos planar nesa mesma parcela cabaciños, por exemplo.

3ª. Ter en conta as esixencias de abono dos cultivos. Si un ano botamos unha planta que sexa moi esixente en abono, ó ano seguinte teremos que botar unha planta que sexa pouco esixente.

Aparte destas tres regras fundamentais existen outras normas interesantes que se poden ter tamén en conta (a forma e  profundidade das raíces, o uso de abonos verdes, a posibilidade de que se planten xuntas especies que se leven ben,...).

5. DOUS EXEMPLOS DE ROTACIÓNS.

Para a maior parte dos cultivos é bo esperar 4 anos para volver a plantalos no mesmo espacio. Outras plantas prefiren permanecer no mesmo sitio durante varios anos seguidos sen necesidade de plantalos un ano tras outro (fresas, alcachofas i espárragos), son os chamados cultivos plurianuais. O tomate, sen ser un cultivo plurianual, é unha excepción xa que lle gusta medrar varios anos no mesmo sitio.

Tendo isto en conta podemos organizar a finca en varias parcelas (5 xeralmente) e levar a cabo así as rotacións.

Existen diversas maneiras de rotar os cultivos. As máis espalladas son:

5.1 As rotacións por familias. Nesta rotación divídese a finca en 5 parcelas. Unha será para os cultivos plurianuais, que permanecerán no mesmo sitio durante 4 anos. As outras parcelas servirán para ir rotando o longo de 4 anos os diferentes cultivos asociados por familias.

 
SOLANÁNEAS
LILÍACEAS
LEGUMINOSAS
QUENOPODIÁCEAS




Patacas
Cebolas
Chícharo
Acelga
Tomates
Porros
Garbanzos
Remolcha
Berenxenas
Allos
Fabas
Espinace
Pementos

Xudías



Soia

 
COMPOSTAS
CUCURBITÁCEAS
CRUCÍFERAS
UMBELÍFERAS




Leituga
Pepinos
Coles
Cenoiras
Escarola
Cabaciños
Lombarda
Apios
Achicoria
Cabazas
Col china
Prixel

Melóns
Col de Bruselas
Chirivía

Sandías
Coliflor



Brécol



Nabos



Rábanos



Nabizas

  Táboas coas diferentes familias botánicas.


Parcela 1
Parcela 2
Parcela 3
Ano 1
SOLANÁCEAS
(excepto patacas).
UMBELÍFERAS
E LILIÁCEAS
COMPOSTAS,
QUENOPODIÁCEAS
E CUCURBITÁCEAS
Ano 2
LEGUMINOSAS
E
CRUCÍFERAS
SOLANÁCEAS
(excepto patacas).
UMBELÍFERAS
E LILIÁCEAS
Ano 3
COMPOSTAS,
QUENOPODIÁCEAS
E CUCURBITÁCEAS
LEGUMINOSAS
E
CRUCÍFERAS
SOLANÁCEAS
(excepto patacas).
Ano 4
UMBELÍFERAS
E LILIÁCEAS
COMPOSTAS,
QUENOPODIÁCEAS
E CUCURBITÁCEAS
LEGUMINOSAS
E
CRUCÍFERAS
 


Parcela 4
Parcela 5
Ano 1
LEGUMINOSAS
E
CRUCÍFERAS
PLURIANUAIS
Ano 2
COMPOSTAS,
QUENOPODIÁCEAS
E CUCURBITÁCEAS
PLURIANUAIS
Ano 3
UMBELÍFERAS
E LILIÁCEAS
PLURIANUAIS
Ano 4
SOLANÁCEAS
(excepto patacas).
PLURIANUAIS
                Rotacións por familias

5.2 As rotacións biodinámicas. Nas rotacións biodinámicas tamén se teñen en conta primeiro as familias botánicas pero, ademais se consideran as plantas segundo o órgano que desenvolven (raíz, folla, flor e froito), aínda que hai algunhas excepcións, como se pode observan no cadro de abaixo.

FROITO
FLOR
FOLLA
RAÍZ
PLURIANUAIS
Chícharo
Tirabeque
Faba
Xudía
Millo
Pemento
Tomate
Berenxena
Cabaza
Cabaciño
Pepino
Melón
Sandía

Flores
Patacas
Coles
Repolo
Lombarda
Coliflor
Brécol
Berza
Nabizas
Nabos
Rabanos
Rabanitos
Cenoira
Chirivía
Apio
Allo
Cebola
Porro
Remolacha
Acelga
Prixel
Aromáticas
Fresas
Clasificación biodinámica das familias para as rotacións

 

Grupo 1
Grupo 2
Grupo 3
Grupo 4
Chícharo
Tirabeque
Faba
Xudía
Millo
Pemento
Tomate
Berenxena
Cabaza
Cabaciño
Pepino
Melón
Sandía



Flores



Pataca


       Coles
Coliflor
Brécol
Repolo
Lombarda
Berza
Nabizas
Nabos
Rabanos
Rabanitos

Cenoira
Chirivía
Apio
Allo
Cebola
Porro
Remolacha
Acelga
Prixel
Aromáticas




Parcela 1
Parcela 2
Parcela 3
Parcela 4
Parcela 5
Ano 1
Grupo 1
Grupo 4
Grupo 3
Grupo 2
Plurianuais
Ano 2
Grupo 2
Grupo 1
Grupo 4
Grupo 3
Plurianuais
Ano 3
Grupo 3
Grupo 2
Grupo 1
Grupo 4
Plurianuais
Ano 4
Grupo 4
Grupo 3
Grupo 2
Grupo 1
Plurianuais
Rotación biodinámica

Nesta rotación as leitugas, escarolas e espinaces se utilizan como cultivo intermedio, e poden plantarse en calquera das parcelas.


6. AS ASOCIACIÓNS DE CULTIVOS.

A asociación de cultivos consiste en facer coincidir no espacio e no tempo máis de un cultivo. As asociación foron moi pouco estudiadas, a pesar da importancia que tiveron ó longo da historia e na actualidade nas agriculturas tradicionais. Véxase por exemplo o caso da asociación Precolombina (millo, xudía de enrame e cabaza). Por iso é importante que todo labrego observe as hortas i escoite o que comentan outro labregos para, a partir de aí, investigar, sacar conclusións e aplicalas.


7. POR QUE FACER ASOCIACIÓN?.

Ó igual que na natureza, entre as diferentes plantas da horta se producen interaccións. Polo tanto non podemos considerar as plantas coma si estiveran soas. Hai que ter en conta as relacións que establecen con outra plantas, é dicir, como se axudan ou estorban.

Moitas plantas producen substancias químicas que acaban no solo (a través das raíces, polo lavado da chuvia, por partes da planta que caen no chan) e que provocan unha reacción positiva ou negativa noutras plantas e, incluso teñen efectos de atracción ou repulsión de certos parasitos e fauna útil. É o que se coñece como alelopatía. As plantas preparan o terreo para elas mesmas. Esta é unha das principais razóns polas que se deben facer asociacións de cultivos, buscar plantas que se axuden entre si evitando as asociación entre plantas que se prexudican.

Sen embargo é tamén importante á hora de facer asociacións de cultivos ter en conta os ritmos de crecemento das plantas,  o consumo de nutrientes ou a necesidade de auga e insolación.

Levando a cabo asociacións axeitadas increméntase a producción, xa que se aproveita mellor o espacio do solo, se  incrementa a diversidade (con todas as consecuencias positivas que isto supón) e se reducen os problemas fitosanitarios.

8. ASOCIACIÓNS DE HORTALIZAS CON HORTALIZAS.

Moitas hortalizas asócianse entre si porque deste xeito obtéñense vantaxes físicas e/ou sanitarias.

Por exemplo, na asociación precolombina (millo, xudía de enrame e cabaza), o millo sirve de tutor para a xudía e a súa sombra favorece o crecemento da cabaza. A cabaza ó medrar cubre o solo i evita o nacemento das herbas adventicias. A xudía apórtalle nitróxeno o millo, e o millo mantén as raíces das xudías húmidas, ó tempo que protexe a planta dos ataques de pulgón.

A cenoria pode asociarse con cebola e porro, xa que se protexen mutuamente das moscas parasitas destes cultivos.

Os allos plantados coas fresas reducen as enfermidades fúnxicas destas.


9. ASOCIACIÓN DE HORTALIZAS E FRUTAIS CON PLANTAS AROMÁTICAS E MEDICINAIS.

Na agricultura ecolóxica perséguese imitar a natureza e, polo tanto, a diversidade natural dos ecosistemas. O uso das plantas medicinais e aromáticas é un dos métodos usados para manter un ecosistema agrícola diverso i equilibrado dentro da plantación.
Moitas destas plantas teñen ademais propiedades alelopáticas, producen substancias que atraen fauna útil e repelen os parasitos, ó tempo que proporcionan unha cuberta vexetal que favorece á fauna do solo e inhibe o crecemento de moitas adventicias. A maioría destas plantas son ademais útiles para implantación de sebes a para a elaboración de preparados vexetais.

Débense coñecer ben as interacción destas plantas aromáticas e medicinais coas plantas hortícolas e árbores frutais, xa que moitas veces as interaccións que se establecen son de tipo de negativo.

A continuación  algunhas das propiedades alelopáticas das plantas medicinais máis comúns que se usan na asociación de cultivos:

 PLANTA
ACCIÓN QUE PROVOCA
Herba toupeira
Alonxa os topos. O seu efecto non se manifesta ata pasado un mes da súa instalación. Unha planta protexe entre 1 e 5 metros cadrados.
Lavanda
Repele a formigas e a polillas.
Tomillo
Repele caracois e babosas.
Consolda
Aumenta a resistencia das plantas. Almacena gran cantidade de potasio é moi eficaz contra a lixiviación nos montóns de esterco,
Valeriana
Favorece o crecemento na Col de Bruxelas.
Caléndula
Protexe o espárrago do escaravello, o tomate do verme i é beneficioso en xeral.
Sabugueiro
Repele topos e ratos.
Manzanilla
F    Favorece o crecemento e as cualidades organolépticas do re   polo e da  cebola.
Capuchina
       Alonxa os pulgóns nas patacas e nas cabazas.


10. ASOCIACIÓNS DE HORTALIZAS E FRUTAIS CON PLANTAS SILVESTRES.

A presencia de plantas silvestres na horta e verxel axudan tamén a manter a diversidade e proporcionan zonas para albergar fauna útil.

Unha forma de manter plantas silvestres nas nosas hortas é deixando bandas, macizos e bordes. Nos verxeis tamén podemos dispoñelas como cuberta vexetal.


É importante saber que plantas silvestres nos interesa plantar para atraer a fauna útil. Entre as familias que se poden incluír dentro das bandas, macizos e cubertas destacan as umbelíferas (chirivías, cenoiras silvestre,...), compostas (margaritas brancas e amarelas, manzanillas, milenrama,...) leguminosas (trevo violeta, loto dos prados,...),         labiadas (mentas), crucíferas (mostaza silvestre), poligonáceas (trigo sarraceno). Hai tamén especies que se deben evitar como o trevo amarelo, o trevo roxo, a alfalfa, a colza, o nabo, o trigo e a cebada.